Empresa: actividade, historia e instalacións

 

A empresa nace no ano 1998, cunha clara vocación comercial. Dun pequeno almacén de flores sito en Goián, e ante as boas perspectivas do sector na zona e no norte de Portugal, os socios deciden buscar apoio en socios de empresas cun maior volume e experiencia, e dar o paso de converterse nunha das maiores comercializadoras de flores de Galicia.

A actividade iniciase en xaneiro de 1998, comercializando a nivel nacional flores procedentes de labregos da comarca do baixo Miño e do norte de Portugal,. A súa vez, empézanse a buscar novos clientes e provedores no norte de Portugal.

En maio de 1998, crease a sociedade limitada “Floricultura As Gándaras, S.L.”, que finalmente pasouse a denominarse “Floricultura Florgasur, S.L.” en setembro de 1999. Estúdianse as posibilidades de ampliación e instalarse en Portugal polas facilidades que presentaba a administración lusa para a implantación de novas empresas, pero ó fin, decídese a compra dunha parcela no polígono A Granxa de Porriño, onde se constrúe una nave de 800 metros cadrados de planta, e 1.200 metros construídos. Esta nave, onde radica a sede social, terminase en xuño de 1999, con tódolos equipamentos necesarios para o moderno funcionamento dunha empresa do sector.

na vez ubicados na nova sede, a actividade esténdese, con gran éxito, a subministrar materiais para a producción a floricultores, pechando así o ciclo de producción e comercialización. Hoxe en día a mais de 20 floricultores da zona de Galicia e norte de Portugal, subminístranse invernadoiros, regos, plantas, abonos, fitosanitarios, e todo o material necesario para un correcto cultivo; e se recollen no seu domicilio a mercancía producida amoreándoa nos nosos recintos frigoríficos. Desta forma o floricultor só ten que preocuparse de especializarse na producción, mellorando a calidade do producto terminado.